lunes, 12 de marzo de 2007

O Magosto

ADIVIÑAS

Alto me vin
Baixo me vexo
E aló arriba
Quedoume o pelexo.

(Javier Lamas)


Outo me vexo
No meu canguerexo
Vexo vir
E non poido fuxir.

Son branca, non son papel
Son verde, non son limón
Son vermella, non son sangue,
Son negra, non son carbón.

Outo, outo cabaleiro
Dalle a risa
E caille o diñeiro.

(Samantha López)




FÁBULAS


O VENTO E A CASTAÑA

Este era un vento ventoso
Rápido como un oso,
Cría que era o mellor
E se equivocaba, si señor.

Para lograr facer unha fazaña
Retou a unha castaña
A unha grande carreira
Partindo do río, na beira.

Comezou a maratón
E o vento correu un montón.
-Vou botar unha sesta,
A castaña, á meta non chega..

As horas que pasaron foron doce
E o vento seguía sen dar golpe.
A castaña, anque regordeta
Esforzouse e chegou á meta.

-Tíñao merecido-dixo o vento-
Se un se esforza,
¿Qué máis dá ser lento?
¡Recibín o meu escarmento!

(Adrián Rodriguez Nicolás)


CONTO NUN POEMA

Había unha castaña
Chamada Soledad,
Coma sempre estaba soa
Púxose a chorar.

Soledad aburríase moito
Non sabía que facer
Tanto que empezou a pensar
E no amor comezou a crer.

Saiu nun cabalo branco
Atopar un príncipe azul
Buscou por todo o bosque
E un príncipe atopou.

Ofreceuse a ser amada
El non dudou en contestar
Grazas ó amor
Soledad non se aburriu xa máis.

(Natalia Casal)


O CASTIÑEIRO TRISTE

Era unha vez un castiñeiro vello que, como tiña tantos anos, xa deixara de dar froito ía moito tempo.
Cando chegaba o tempo do magosto poñíase moi triste por non poder dar castañas aos nenos da aldea, que as comían asadiñas no día que se celebraba a festa.
A xente da aldea estaba pensando en cortar o castiñeiro e utilizar a súa madeira para facer lume.
Estaba tan triste o castiñeiro que unha fada daquel bosque enterouse do ocorrido e mediante un feitizo fixo que dera castañas moi grandes e fermosas.
Cando a xente da aldea viu iso xa non o quixo cortar e todos quedaron felices.


(Miguel Otero)


A CASTAÑA PEPA

Había unha vez unha castaña chamada Pepa. A castaña Pepa quería contar a súa historia nalgún colexio de Ferrol. Pero non un colexio calquera; quería un colexio no que a respetaran e que houbera un bo profesorado.
Entón viu un colexio e foi alí, pero o profesorado non a respetaba e ela pensou que era mellor ir a outro.
Foi a máis e máis colexios pero ningún lle gustou ata que chegou ao de Ponzos. Alí todo o mundo a respetaba e tamén lle gustou o profesorado.
Contou a súa historia que lle gustou a todos.
Dende entón sempre que o vento sopra entre as follas das árbores a castaña Pepa di:
¡Ponzos, Ponzos, ra, ra, ra!

(Diego López)


A CASTAÑA ARIADNA

Unha castaña chamada Ariadna quixo saír do ourizo, pero aínda non lle chegara a hora de saír para fóra. Tan impaciente como era, Ariadna, empezou a petar no ourizo coa esperanza de que alguén de fóra o abrise.
Foi un rapaz, chamado Pablo, quen o abriu.
Tan fermoso era o rapaz que Ariadna decidiu contarlle o seu segredo, e era que ela estaba enfeitizada e que volvería ser unha fada se un amor verdadeiro lle daba un bico.
Pablo, ao principio estrañouse de que unha castaña falara pero ao escoitar a historia bicou á castaña sen problemas.
Ariadna convertiuse nunha fermosa fada da que Pablo se namorou.
En pouco tempo casaron e tiveron fillos moi fermosos.

(Lara Gundín)


A CASTAÑA PIRUCA

Había unha vez unha castaña chamada Piruca que vivía nunha árbore das Fragas do Eume, no burato dun tronco de castiñeiro.
Un día Piruca saiu dar un paseo. Colleu a merenda por se tiña fame polo camiño.
Cando xa ía lonxe da casa decidiu sentarse a merendar nunha esquina e logo quedou durmida.
Cando espertou viu a uns homes que viñan recoller castañas e asustouse moito.
Os homes meteron a Piruca nunha cesta con outras castañas e logo dentro dunha camioneta.
Cando xa se calmou un pouco Piruca forzou a tapa da cesta e tamén saltou da camioneta. ¡Vaia golpes levou! Estaba perdida.
Preguntou a un coello e a un bufo o camiño da súa casa e botouse a andar.
Cando por fin chegou á casa deciciu olvidarse do que pasara e meteuse na cama.

(Judit Varela)


AS CASTAÑAS DESAPARECIDAS

Había unha vez un neno chamado Xurxo que tiña un can e o ía paseando polo souto do Ouro cando atopou un castiñeiro. Debaixo do castiñeiro estaban tódolos ourizos coas castañas dentro. Xurxo colleu unha bolsa e a encheu de castañas.
Cando chegou á casa ensiñoullas á súa nai e ela díxolle que as puxera na despensa que xa as comería na cea.
Pero pasou que, cando as ían asar, as castañas desapareceran, e…!non estaban por ningures!
Non sabían como fuxiran as castañas pero non puideron cenalas e tiveron que tomar leite e galletas.
Ó día seguinte Xurxo foi a por máis castañas e as levou para a casa. Na casa as puxo no alto da neveira para que non desapareceran. Pola noite foron mirar ao alto da neveira e outra vez desapareceran.
Á mañá seguinte Xurxo foi outra vez a por castañas e cando chegou á casa a súa na díxolle que as puxera enriba da mesa para ver se descubrían o ladrón.
Xurxo púxoas na mesa e todos se esconderon.
Despois dun anaco viron quen era o ladrón e non daban creto ao que vían. ¡Era nin máis nin menos que un trasno comecastañas!
¡Por fin aclarouse o misterio das castañas desaparecidas!

(Inés Carneiro)


ABELAIÑA E MAIS EU

Xa case non recordo o día en que a coñecín. Eu tan so tiña uns… dez ou once anos coma case todos vós. Agora teño setenta e catro.
Vouvos contar o acontecemento máis bonito da miña vida, que é moi longa. Escoitade este relato que vos sairá barato e escoitade tamén esta canción e a teredes sempre no voso corazón.
-¡Mamá!- berrei aquela niote de Samaín despois de ter aquel sono tan estrano…Aquel pesadelo era coma unha mestura de imaxes de trasnos e fadas, moitas fadas e unha leve musiquiña de fondo que dicía algo así coma…

¡neniña, neniña,
Este soño é para ti,
Neniña, neniña,
Mandámoscho dende aquí.
Pequena, pequena,
Non sei se cres nos trasnos
Pequena, pequena,
Tes que en nos crer.

E xa non lembro máis. Agora sei que este soño debíase a que eu daquela non cría nos trasnos, claro que agora creo neles máis ca ninguén.
A miña nai veu correndo pero eu so puiden dicir que tivera un soño e pouco máis. De tódalas maneiras non lle din importancia a ese soño, pero ao día seguinte volvín a telo e ao seguinte máis, e ao seguinte… e así dous meses.
Unha tarde dos primeiros días de decembro vin nunha tenda na que vendían adornos de Nadal, un trasno de plástico e acordeime dalquel soño.
Ao seguinte día pola mañá, cando aínda estaba durmindo porque era fin de semana, oín remoer e remoer no faiado. Fun mirar.
No faiado estaban as castañas que nos dera o meu avó xa facía algún tempo, e sobre elas vin un destello dourado. Fixeime ben e dinme conta de que aquilo era coma unha nena con ás e moi pequeniña.
No primeiro asusteime e peguei un brinco, claro que ao acercarme vin que tiña un aspecto completamente inofensivo.
Pregunteille:
-¿Cómo te chamas?
-¿Eu? Eu chámome abelaíña, ¿e ti?
- Eu chámome Atilana, pero ¿ti que es?
- Eu son unha fada comecastañas e veño para darche un comunicado de parte de tódolos trasnos e fadas galegos.
- ¿Trasnos? Pero se non existen.
-¡Claro que si!
- Ben, dá igual. Dime o comunicado.
- ¿Lembras os soños?
- Si, lembro.
- Pois ese soño o formulamos nós, os trasnos para facer que creas. Eu estou aquí para que vexas que existimos.! Aquí me tés!!Sígueme!
Abelaíña levoume ao bosque voando e no bosque fumos por sendeiros estraños e máxicos. Máis tarde chegamos a unha cova un tanto estraña. Como porta tiña unha pedra e dentro había un montón de debuxos e tamén unha fogueira e castañas.
De súpeto sairon un montón de trasnos e fadas parecidas e tamén moi diferentes a Abelaíña.
Esta presentoume e estiven falando con trasnos e fadas ata que me decatei de que tiña que facer os deberes. Quedei con Abelaíña en que me viría a buscar á miña casa a fin de semana.
Dende aquel día Abelaíña ven recollerme á miña casa tódalas fins de semanas.

(Para a miña bisavoa que contaba historias realmente bonitas) (Inés Amarelo)


O TRASNO AÑACAST

Fai moitos anos, cando os animais aínda sabían falar, o bosque estaba poblado por todo tipo de trasnos, gordos, fracos, cabezóns, medio ratos…pero o de máis nobres sentimentos era Añácast, un xove trasno. Era capaz de pasar unha noite sen durmir con tal de andar á procura de alimento para dar de comer a unha famenta cría de merlo.
Pero tamén tiña un defecto: quería ser célebre e deixar pegada no pasado facendo unha fazaña arresgada. Entón púxose a matinar sobre cal sería a súa fazaña.
- Recorrer o mundo nunha folla, trepar á árbore máis alta do bosque- pensaba. – ¡Xa o teño! Atravesarei Monteturrica.
Monteturrica era un pobo de montaña habitado polos turricáns, uns demos que se alimentaban de trasnos.
Á mañá seguinte, ao mencer, partiu a Monteturrica onde non sabía o que lle ía suceder. Monteturrica era como un bosque escuro e cun céspede vermello que se o comías convertíaste nunha serpe. Añácast foi atravesando o bosque e fuxindo dos turricáns que o perseguían por entre os arbustos. Todo ía ben ata que o xefe Turricán, o máis forte dos turricáns, colleuno coas súas afiadas garras e comezou a sumerxilo nun caldeiro con lava.
Nese momento, no bosque de Añácast, a curuxa, que para algo é o ser máis sabio (non o seu marido o moucho, como din. Ese é un vago e un inxenuo) presentiu que Añácast estaba en perigo e penetrou no máis fondo de Monteturrica para rescatalo. Picou nun ollo ao xefe Turricán e deixouno birollo e levou a Añácast ao bosque todo malferido. Xuntanse tódolos poderes do bosque para cubrir a Añácast cunha casca deixandoo cun curioso aspecto e así sálvanlle a vida.
Añácast queda a soas co Outono, o trasno máis vello da Natureza.
- Terei que deixar de pensar en ser célebre- dixo Añácast- por culpa diso agora son o que son. Nunca me recordarán.
- Equivócaste-dixo o Outono. Agora eres un froito que será o alimento preferido da marioría dos seres. Terás un sabor tan bo como os teus sentimentos, farán festas na túa honra e o nome do froito será moi parecido ó teu nome.
E así foi como naceu a castaña. Dende entón Añácast, mellor dito castaña, dedicou o resto da súa vida a facer feliz a todo o bosque sendo ela tamén moi feliz.

(Adrián Rodriguez Nicolás)


A REUNIÓN DAS CASTAÑAS

Hai un día moi especial do ano para tódalas castañas: o Magosto. As castañas están moi felices porque se van reunir. A reunión empeza ás nove das mañá e remata ás dez da noite.
Ás nove da mañá tódalas castañas estaban nas fragas do Eume.
Unha castaña dixo:
- Seica hoxe é un día moi especial para todas pero…
- Pero ¿Qué?- dixo outra.
- Déixame rematar, pois que… os humanos van vir e vannos asar e logo papar.
Tódalas castañas, alteradas, comezar a berrar.
-¡Xosé, colle a escopeta!- dicía unha.
- ¡Fillos, vestídevos de fungos!-dicía outra.
- ¡Calade!- dixo outra.
Tódalas castañas calaron para escoitar o que quería dicir.
-Eu penso que se falamos cos humanos poderiamos chegar a un acordo e así que non nos comeran.
Tódalas castañas saíron das Fragas do Eume en busca do alcalde. Cando chegaron a Ferrol falaron con el.
- Se non nos comedes polo Magosto invitámosvos a unha reunión.
Os humanos estiveron de acordo.
Dende aquel día os humanos e as castañas reúnense no Magosto nas Fragas do Eume e alí, a carón da fogata, cantan cantigas do Magosto.

(Rocío Penabad)


O NACEMENTO DO MAGOSTO

Era unha vez fai moitos anos, antes de que existisen os coches, un home que foi dar un paseo polo bosque.
Como estaba moi aburrido dixo:
-¡Ogallá pasara algo interesante, estou moi aburrido!
Atopou unha castaña no chan, colleuna e pensou:
-¿Como é que hai unha castaña no chan se por aquí non hai castiñeiros?
Tamén atopou pelas de castañas no chan que ían marcando un caminiño e seguiuno.
Cando rematou o percorrido atopou unha xigantesca árbore cunha abertura. Colouse e descubriu que dentro había todo tipo de criaturas máxicas: fadas, trasnos, cirnos, demos…
El non podía crer o que vía e o máis estrano era que estaban comendo castañas a carón do lume e dixo:
-¡Mimadriña querida! ¿De onde sairían estas criaturas?
As criaturas o escoltaron e o apresaron. O rei das fadas dixo:
-¿Qué fas aquí, criatura do exterior?
- So quería saber quen era o que comía as castañas, respondeu o home.
O rei ordeou soltalo e deulle a benvida.
Pasaron os anos e o home fíxose amigo das criaturas que lle contaron que a festa que celebraban chamábase magosto.
O home anunciouno ós demais homes e as criaturas máxicas marcharon ao seu mundo, pero dende aquela os homes tamén celebran o magosto.

(Marcos Fernández)


O TRASNO COMECASTAÑAS

Había unha vez un trasno moi vago que tiña ademais moi mal carácter e o único que facía era comer castañas.
Un día o trasno saiu a comprar castañas e cando chegou ao posto viu unha castaña de ouro. Preguntoulle ao dono para que servía a castaña e o home respondeulle que con esa castaña podería obter tres desexos máis un de regalo.
Cando o trasno chegou á súa casa sentouse nun sillón mirando para a castaña de ouro e pensando no que lle podería pidir. Como non se lle ocorría nada, botou unha sesta e cando despertou dixo.
-Xa sei, pedirei ser o rei do pobo.
A castaña cumpriu o desexo e o trasno sentouse nun trono.
Logo dixo:
-¡Desexo ter moitas castañas!
E a castaña cumpriuno.
- Faime falla algo máis…!xa o sei! Quero ter serventes que sexan castañas.
E a castaña cumpriulle o desexo. Pero oiu unha voz que dicía:
- Non malgastes os desexos. So che queda un,! Aproveitao!
- ¿Quen fala?-preguntou o trasno
- Aquí abaixo, na túa man.
-Ti es a miña castaña asi tes que me facer caso que é a túa obriga.
A castaña obedeceu.
O trasno arrimouse a un balcón e berrou.
-¡Atención! Son o voso rei e como non me fagades caso dareivos latigazos. Facédeme unha estatua.
Pero ninguén lle facía caso. O trasno foise debilitando e dixo moi triste.
-Desexo que todo volva á normalidade.
E a castaña obedeceu e todo volveu coma o comezo.

(Marta Quijano)


A CASTAÑA FELIZ

Había unha vez unha castaña chamada Castani.
Castani vivía no castiñeiro máis bonito do bosque, e tódalas castañas dos demais castiñeiros lle tiñan envexa porque o seu fogar era o mellor.
Castani non puidera caer o ano anterior porque era moi pequena, pero ela tiña a esperanza de que coa chegada do mes de novembro podería saír do seu ourizo porque lle parecía que ir ao chan era o mellor do mundo.
Chegou novembro e Castani cae da árbore. Sentíase moi leda porque a súa ilusión se cumprira.
Tras dous días, viu vir unha muller que a pateou.
Castani estaba preparada para facer feliz calquera estómago.

(Daniel Díaz)


O TRASNO SALTAREIRO

Era unha vez unha nena chamada Uxía á que lle gustaban moitos as castañas e sempre as quería de postre, pero a súa nai non a deixaba.
Unha noite Uxía recibiu unha visita inesperada:
- ¿Quen es?
- Son o trasno saltareiro e veño traerche moitas castañas.
- A miña nai non me deixa.
- Pero comerémolas pola noite e será o noso segredo. Se algunha vez llo dis a alguén convertireite nunha serpe.
Entón puxéronse a comer tódalas castañas ata deixar a bolsa baleira.
Noite tras noite o trasno visitaba a Uxía con moitas castañas e pouco a pouco a nena empezou a atoparse mal.
Un día espertou cunha forte dor de barriga e a súa nai levouna ó medico. Non entendían que era o que causaba a dor de Uxía e fixéronlle moitas probas, mais ela non podía revelar o segredo.
O trasno Saltareiro dicíalle que non eran as castañas as que a poñían mal, pero Uxía cada día que pasaba enfermaba máis.
Ata que unha noite, cando o trasno apareceu, Uxía negouse a tomalas e pediulle que non volvera ao seu cuarto.
O trasno enfadouse moito, empezou a berrar e saiulle pola boca un conxuro:
- Sapos, bruxas e curuxas, ¡que Uxía se converta en serpe!
Uxía comezou a chorar e coas súas bagoas, que caían no chan, a terra abriuse e tragou o trasno para sempre.
Dende aquela noite Uxía mellorou e nunca máis volveu probar as castañas.

E colorín colorado, este conto está rematado.

(Helena López)


A CASTAÑA PEPA

A castaña Pepa encontrábase soa. Tódalas súas compañeiras foran caendo do castiñeiro. De súpeto veu unha ráfaga de vento e tirou con ela ao chan. Pasaron unhas horas e estaba morta de medo. Acercouse un xabarín que a quixo comer, mais o seu ourizo protexeuna. Un meniño que estaba collendo castañas meteuna nun caldeiro.
Ao chegar á casa deulle as castañas á súa nai para cocelas pero fixouse nunha delas que tiña unha forma moi bonita. Limpouna e púxoa no seu cuarto e tódalas noites falaba con ela. Pepa estaba salvada.

(Javier Lamas)


A CASA DE GORDECHO

O outro día soñei cun trasno do magosto. Era un trasno moi gordo. Chamábase Gordecho. Era pequeño coma unha castaña e vestía un traxe e un gorro de punta que eran de cor verde. Tamén tiña unha botas negras e pequenas.
Gordecho vivía nunha árbore dun bosque, mais ocurriu que chegaron uns leñadores e talaron a súa casa. Gordecho tivo que irse de alí porque se non podería caerlle unha árbore enriba. Mudouse para unha cidade chamada Ferrol e foise para a casa dunha nena chamada Lucía.
Cando Lucía ergueuse para ir ao colexio atopou a Gordecho na súa habitación. A Lucía pareceulle bo e simpático e foi onda a súa nai, que estaba na cociña preparando o almorzo, e contoulle o que había no seu cuarto.
A nai de Lucía coñeceu a Gordecho e díxolle que se quería podía quedar a vivir con eles.
Gordecho xa tiña unha nova casa…. E nisto despertei.


(Lucía Pardo)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

hola!!!que chulo nos quedó esto.bueno chao

Anónimo dijo...

hola!!!que chulo nos quedó esto.bueno chao