lunes, 16 de abril de 2007

A LOITA
Dende que a miña nai soupo que estaba embarazada, quixo chamarme Noa. Así foi.
Vivo no castelo de Verventio , en Ferrol e sirvo ao rei porque a miña nai e o meu pai traballan no pazo real, a miña nai de doncela e o meu pai de arqueiro. Tamén, meu irmán maior (que ten 17 anos) Daniel, traballa coma cociñeiro para a princesa Astrid. Astrid é moi amiga miña porque nos coñecemos dende moi pequechas e o seu pai púxonos ás dúas o mesmo profesor.
Neste século, o século XVI, os reis adoitan ser moi malos e pórtarse mal cos habitantes da aldea e cos sirventes. Pero a realeza de Verventio é moi boa con toda a xente. Tódalas nosas leis foron votadas e elexidas polos cidadáns para que non haxa desacordos entre eles. Por todo isto que acabo de contar eu non creo nada diso que di a xente de que as persoas de sangue azul rematan sendo codiciosas crueles e moitas máis atrocidades.
O outro día comentando este tema con Astrid, rematamos coa boca seca de falar e falar e decidimos ir ao castelo de Ceronio, que está en fronte ao noso. Neste castelo vive a princesa Alba coa que Astrid e mais eu levámonos moi mal porque é demasiado presumida e non para de dicir que o seu pai goberna mellor co pai de Astrid. O pai de Alba é o rei de Ceronio, aínda que moita xente de Ceronio vense para Verventio a causa da poca democracia do seu pobo natal.Tamén hai quen di que o pai de Alba (Broquius II) maquina a idea de destronar ao pai de Astrid mediante maxia negra. Dende que Broquius é rei, todo o mundo dí que caeu unha maldición sobre Ceronio.
Fai moito tempo que Astrid e mais eu queremos investigar sobre a misteriosa desaparición da nai de Alba.
A raíña Lluxa desapareceu en estrañas circunstancias o pasado ano, tras darse a saber a nova de que esperaba un fillo. Ademáis, o rei deixou ben claro que non quería ter nin un só fillo máis, polo que nolas dúas sosteitabamos do rei Broquius II.
Volvendo ó tema, Astrid e máis eu fumos ó castelo de Ceronio coa excusa de que iamos coller flores ao bosque. Cando chegamos ao castelo decidimos entrar pola porta do pasadizo subterráneo para non levantar sospeitas. Adentrámonos no calabozo e vimos a varias mulleres encadeadas. Entre elas, atopábase a raíña Lluxa. A pobriña estaba toda farrapenta e desnutrida. Pedíunos que por favor as sacásemos de alí. Namentres Astrid distraía ao garda da porta eu saqueinas de alí.
Ao mirar para as caras daquelas mulleres dinme de conta de que unha era … a miña avoa!. Nada máis lembrar a súa faciana fun onda ela e dinlle unha aperta como endexamais lle dera a ninguén.
A miña avoa traballaba coma escrava no anterior reino de Verventio, e fora exiliada por mor de poñerse en folga de fame a favor dunha causa xusta.
Foi moi ben recibida no pazo real xunto coa raíña Lluxa.
O rei Broquius II está en liberdade pero aínda agora, corenta e nove anos despois, Astrid e Noa, duas guerreiras reais, seguen a loitar contra o rei de Ceronio.



Inés Amarelo García
6º E.P.

No hay comentarios: